FAQs - Preguntas Frecuentes
As preguntas que máis nos fan os nosos clientes
- Navega polas diferentes categorías do noso catálogo.
- Visualiza o produto que che interesa. A través dun clic conseguirás unha ampliación da fotografía para ver detalles, composición, medidas, tallas dispoñibles e prezo.
- Selecciona un produto e engade o artigo á cesta. A continuación podes escoller seguir comprando ou tramitar pedido.
- Se desexas tramitar o teu pedido tes a opción de facelo rexistrándote ou, se xa es cliente, accedendo directamente á túa conta.
- Elixe o enderezo de entrega do pedido.
- Selecciona un método de pago: Visa, Visa Electron, Mastercard, Maestro ou Paypal.
- Confirma o pedido.
- Recibirás un email confirmándoche o teu pedido.
Enderezo de entrega:
-
Estadio ABANCA-RIAZOR - DéporTienda online
-
Manuel Murguía s/n
15011 A Coruña
Como devolvo un artigo?
Acéptanse devolucións de artigos (salvo artigos personalizados e roupa interior) nun prazo de 30 días desde a data de recepción, sempre que o produto non fose aberto, manipulado ou desprecintado. O reembolso completo do prezo que vostede pagou polo artigo farase a través do mesmo método de pago usado. Engada no seu pedido o albará de entrega co fin de identificar o produto.
*Recordamos que por cuestións hixiénicas non se devolve a roupa interior*.
Neste suposto, a devolución e os gastos de devolución ocasionados correrán a cargo do cliente.
Enderezo de entrega:
-
Estadio ABANCA-RIAZOR - DéporTienda online
-
Manuel Murguía s/n
15011 A Coruña
Cal é o proceso de envío?
Os envíos realizaranse tanto dentro do territorio de España como fóra de España a través dunha empresa de mensaxería (MRW) a nivel nacional (5,95) e internacional DHL dependendo do destino. Son gratis a partir de 99€ a nivel nacional. O pedido realizado polo usuario será entregado en destino nun prazo de 5 días laborables para destinos peninsulares (excepto época de alta demanda como pode ser Nadal ou verán co lanzamento de novos produtos) e 14 días naturais no resto de destinos a partir do pago da compra. Informamos que os produtos personalizados tardarán máis en procesarse.
Calquera pedido de fóra da Unión Europea pode sufrir cargos arancelarios no país de destino que será o cliente quen asuma dito cargo.
Como pode contactarnos?
Pódese contactar por correo electrónico: rcdeportivo@futbolemotion.com , ou por teléfono: 981 149 400
Os pedidos sérvense por mensaxería nun prazo de 2-3 días laborables (excepto festas de Nadal ou situacións especiais), sempre que o produto se atope dispoñible e a entrega se realice dentro da península (España) ou Baleares de 3 a 5 días laborables.
En caso de ser a entrega noutro destino, variará segundo a zona.
Podes enviar un correo electrónico á dirección rcdeportivo@futbolemotion.com, poñerte en contacto a través do formulario que ofrece a web ou chamar por teléfono ao 981 149 400 e preguntar polo estado do envío.
Deportienda.es só vende artigos en perfecto estado, polo que se excepcionalmente che chega un produto con algunha tara, ponte en contacto connosco mediante o formulario en liña ou directamente ao correo rcdeportivo@futbolemotion.com. Por favor, non nos fagas ningunha devolución sen poñerte antes en contacto connosco.
Si, o desconto por ser socio e/ou accionista é do 10%.













