Desconto subscritor do Dépor
O teu amor polo DÉPOR é correspondido
Unha das moitas vantaxes de ser subscritor do DÉPOR, é que podes gozar do 5% de desconto na túa compra en todas as DéporTiendas.
Unha vez que te rexistres con todos os teus datos persoais en https://real-club-deportivo.myshopify.com/, deberás indicar o teu número de DNI no recadro do teu carro da compra. O sistema identificarate e aplicarache automaticamente os descontos en todos os produtos (agás en promocións que non acumulen descontos).
Agora xa podes gozar das túas compras en DéporTienda con desconto as 24 horas e sen moverte da casa.









