FAQs - Preguntas Frecuentes

As preguntas que máis nos fan os nosos clientes

Esta é a tenda oficial do DÉPOR?

Si, esta é a tenda oficial do DÉPOR

Como comprar en www.deportienda.es?

É moi sinxelo. Só tes que seguir os seguintes pasos:

  1. Navega polas diferentes categorías do noso catálogo..

  2. Visualiza o produto que che interesa. Mediante un click conseguirás unha ampliación da fotografía para ver detalle, composición, medidas, talles dispoñibles e prezo.

  3. Selecciona un produto e engade o artigo á cesta. A continuación podes elixir seguir comprando ou tramitar pedido.

  4. Se desexas tramitar o teu pedido tes a opción de facelo rexistrándote ou, se xa es cliente, directamente accedendo á túa conta.

  5. Elixe a dirección de entrega do pedido.

  6. Selecciona un método de pago: Visa, Visa Electrón, Mastercard, Maestro ou Paypal.

  7. Confirma o pedido.

  8. Recibirás un email confirmándo o teu pedido e xa realizarías a túa compra.

Que forma de pago podo utilizar para realizar a miña compra?

As tarxetas que acepta o sistema son: Visa, Visa Electrón, Mastercard e Maestro, ademais do pago mediante o sistema PayPal.

Canto tardará en chegar o meu pedido?

Os pedidos sérvense por mensaxería nun prazo de 2-3 días laborables (excepto festas de Nadal ou situacións especiais), sempre que o produto se atope dispoñible e a entrega se realice dentro da península (España) ou Baleares (de 3 a 5 días laborables).
En caso de ser a entrega noutro destino, variará segundo a zona.

Que debo facer se o meu pedido non chega?

Podes enviar un correo electrónico á dirección deportienda@deportienda.es, contactar a través do formulario que ofrece a web ou chamar por teléfono ao 981 149 400 (de luns a sábado de 10:00 a 20:30 h.) e preguntar polo estado do envío.

Que debo facer se me chega un artigo defectuoso?

Deportienda.es só vende artigos en perfecto estado, polo que se excepcionalmente recibes un produto con algunha tara ponte en contacto connosco mediante o formulario online ou directamente no correo deportienda@deportienda.es. Por favor, non nos fagas ningunha devolución sen antes contactar connosco.

Podo cambiar os meus artigos?

Acéptanse cambios de talle ou de artigos nun prazo non superior a catorce días desde a data de recepción, a condición de que teñamos stock dispoñible e o produto non fose aberto manipulado ou desprecintado. Neste suposto, todos os gastos de envío ocasionados correrán a cargo do cliente.

Os prezos da tenda online e das tendas físicas son iguais?

Si, Deportienda utiliza os mesmos prezos tanto para as tendas físicas (Estadio de Riazor e Marineda City) como para a súa tenda online www.deportienda.es

Teño algún tipo de desconto por ser socio e/ou accionista do DÉPOR?

Si, o desconto por ser socio ou accionista é do 5%. En caso de pertencer aos dous grupos (socio e accionista) tes un 10% de desconto.